ALCALDÍA

Encontro entre o alcalde e os responsables de Unión Fenosa Distribución Galicia

11/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe un encontro co director de Unión Fenosa Distribución Galicia. Julio Gonzalo García informou ao rexedor de que a subministración eléctrica en Santiago está garantido, pero que pode haber "algunhas dificultades e limitacións" coas novas empresas que se instalen nos parques empresariais da Sionlla e de Costa Vella.

Julio Gonzalo explicoulle ao alcalde que, a través dun convenio coa Xunta, están esperando a que se lles entregue unha parcela na que se construiría unha estación eléctrica, que garantiría a subministración a esas novas empresas. No encontro tamén falaron das propiedades que Unión Fenosa ten na rúa Galeras e en San Caetano.

Unión Fenosa Distribución é o maior distribuidor de electricidade de Galicia. Está presente en case 300 municipios das catro provincias galegas e conta con máis de millón e medio de puntos de subministración.

Compartir: