ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibe o Club Financeiro de Santiago

11/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente do Club Financieiro de Santiago, Roberto Pereira, e cos demais membros do Consello de Administración: Ramón Sabín, secretario; José María Fernández, vicesecretario; e Rosa Blanca Rodríguez, vogal. Tanto Pereira como o rexedor destacaron que debe haber sintonía e colaboración entre ámbalas partes.

Entre as novidades que lle trasladaron ao alcalde, figuran os actos do décimo aniversario de CFS, que se celebra no 2020. Para os actos programados, Roberto Pereira sinalou que lle gustaría contar coa apoio e colaboración do concello. Tamén falaron, explicou, do denominado Club de inversores, "para apoiar o emprendemento e a financiación de PEMES en dificultades", que non son capaces de atopar os recursos que precisan. Sánchez Bugallo sinalou que lle parece positivo apoiar todas estas iniciativas, así como todas aquelas que poidan ser de "interese público".

O Club Financeiro de Santiago fundouse no ano 2010.É unha entidade privada que ten como obxectivo defender os intereses do tecido empresarial galego e, máis concretamente, da área de Compostela. O accionariado do CFS está formado por máis dun cento de empresarios e profesionais, procedentes de diferentes sectores económicos.

Compartir: