DEPORTES

Presentada a edición 42 da Carreira Pedestre Popular

03/10/2019 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, participou na presentación da 42ª Carreira Pedestre Popular de Santiago, organizada por El Correo Gallego, que se celebrará o domingo 27 de outubro.

Esther Pedrosa lembrou que esta é "unha das carreiras máis veteranas de España, e tamén das máis importantes, mesmo a nivel internacional". En especial, destacou como unha das claves do seu éxito "esa combinación entre atletismo profesional e afeccionado".

Participante habitual na carreira, e mesmo gañadora en 1990, a concelleira declarouse "moi unida" á mesma, "a nivel profesional e sentimental", pola "aposta que fai polo atletismo e polos valores do deporte, e pola ilusión con que en Santiago se vive esta carreira". Por todo, animou a composteláns e compostelás a participar.

Direccións relacionadas



Compartir: