ALCALDÍA

"Luzas y Morras, "Chen Li" e "Ubi Sunt", curtas gañadoras do Festival de Cine Rural Carlos Velo

28/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o deputado provincial de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, clausuraron o FicRural 2019 coa entrega de premios ás cutrametraxes gañadoras do V Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo.

Luzas y Morras, de José Carlos Castaño, acadou o premio á mellor curta documental. Chen Li (Ciruela de agua dulce), de Roberto F. Canuto e Xiaoxi Xu, foi galardoada como mellor curta de ficción. E o premio do público foi para Ubi Sunt, de Sandra Román Peñalba. Este último premio entregouno a viúva de Carlos Velo, Carol de Swan.

Despois da entrega de premios, tivo lugar unha homenaxe ao cineasta ourensán Carlos Velo, nun acto presentado pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón. Carlos Velo naceu en 1909 nunha aldea do concello ourensán de Cartelle, e finou en 1987 en México, país que o acolleu durante a ditadura e no que deixou unha pegada importante no sector cinematográfico.

Conclusións
Entre as conclusións do FicRural, lidas polo director do Foro, Aser Álvarez, figura a da necesidade de transformar esta crise do agro nunha oportunidade para o noso país. É posible outro rural. Confiamos di, "en que o coñecemento e a experiencia da universidade e dos emprendedores sirvan para reinventar o rural e reactivalo dun xeito creativo e innovador e colaborativo, sempre cos pés na terra, con paixón e valentía", con transferencia de coñecemento, con colaboración e apostando pola creación de empresas no rural; e con actividades, rematou, "sustentables, que nos axuden a desenvolver todas as potencialidades do territorio, para que a reactivación do rural pase obrigatoriamente polo empoderamento feminino e a volta do talento ao rural".

Direccións relacionadas



Compartir: