ALCALDÍA

Máis colaboracións para o estudo e difusión do fenómeno xacobeo

20/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres co presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou.

O rexedor puido coñecer o funcionamento desta entidade, dedicada ao estudo, difusión e investigación do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo. Tamén recibiu información sobre o congreso mundial que a Academia Xacobea prepara para 2020, no que, segundo indicou Xesús Palmou, "se abordará o fenómeno xacobeo en todas as súas vertentes".

A esa dimensión da ruta xacobea tamén se referiu Sánchez Bugallo, destacando a súa "universalidade e influencia dende hai 12 séculos", e a súa "importancia no pensamento europeo e na configuración de Europa". De aí que lle transmitira a Xesús Palmou o interese municipal por colaborar cunha entidade que contribúe a "por en valor" o fenómeno xacobeo.

Compartir: