ALCALDÍA

Parabéns muncicipais aos xogadores do Santiago Futsal campións de Europa sub-19

17/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Néstor Valle, Álvaro Recio e Adrián Rodríguez, xogadores do Santiago Futsal que o pasado sábado se proclamaron campións de Europa coa Selección Española Sub-19. No acto tamén participaron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; Compostela Aberta, Martiño Noriega; e BNG, Goretti Sanmartín, e a tamén concelleira nacionalista Navia Rivas.

España gañou o Europeo Sub-19, celebrado en Letonia, tras vencer na final a Croacia por 6-1. Os tres xogadores do Santiago Futsal tiveron un papel destacado no campionato e Adrián Rodríguez "Pirata" foi elixido no equipo ideal do torneo, ademais de compartir o título de máximo goleador co seu compañeriro de Selección Antonio Pérez. Néstor Valle "Nito" tamén realizou un excelente Europeo en tarefas defensivas, e Álvaro Recio alternou na portería co seu compañeiro para que España só encaixara tres goles en todo o campionato.

Compartir: