ALCALDÍA

O IES Xelmírez I celebra o seu 175 aniversario

12/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá varias xuntanzas. Unha delas, acompañado da concelleira de Educación, Noa Díaz, foi cunha delegación do IES Xelmírez I, encabezada polo seu director, Manuel Portas.

O responsable do centro explicoulle ao rexedor o programa de actos previsto para celebrar o 175 aniversario do centro durante este curso 2019-2020.

70 Congreso Nacional SEORL CCC
Ademais, o alcalde reuniuse co doutor Carlos Martín, responsable da organización do 70 Congreso Nacional da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e Pescozo, que se celebrará na cidade do 3 ao 6 de outubro.

O doutor deulle ao coñecer ao alcalde os detalles deste importante Congreso, que reunirá en Compostela a preto de 1.500 participantes. Pode obterse máis información na web do evento.

Banco Santander
Finalmente, o rexedor tamén mantivo unha xuntanza este xoves coa directora territorial de Galicia do Banco Santander, Rosario García, e co seu director de Institucións, Luis Pernas.

Compartir: