EDUCACIÓN

Este mércores ponse en marcha o servizo de comedores escolares

09/09/2019 O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o mércores 11 de setembro de 2019 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola e Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Todas as familias que solicitaron praza no rexistro xeral do Concello de Santiago nos prazos establecidos (entre o 25 de xuño e o 22 de xullo de 2019) están admitidas, e comenzarán a facer uso del mesmo na data que indicaron na ficha de inscrición. Non poderán facer uso de xantar e almorzo os/as usuarios/as con recibos impagados de cursos anteriores.

Para a mellor coordinación e información arredor deste servizo municipal de comedores e madrugadores, Serunion -empresa que continuará a prestación do servizo ata a nova adxudicación- pón a disposición das familias usuarias do servizo o teléfono 881 550 110 e o correo electrónico preaviso.concellodesantiago@serunion.com, ademais do teléfono de contacto do/da coordinador/a dos centros escolares durante a prestación do servizo (consultar no documento información xeral para as familias inscritas nos servizos).

Direccións relacionadas



Compartir: