EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Inaugurada a nova sede da Concellaría de Emigración e Inmigración

12/02/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova sede da Concellaría de Emigración e Inmigración, situada na Praza de Camilo Díaz Baliño, 15, baixo.

O departamento dirixido por Teresa Regúlez trasládase a este novo local, onde se ubicará a nova unidade de información, orientación e asesoramento xurídico e socio-laboral aos inmigrantes e emigrantes retornados. Un licenciado en dereito, un diplomado en traballo social e un auxiliar administrativo, especializados nas áreas de estranxeiría e emigración, informaran facilitaranlles a estes colectivos todo tipo de información.

Compartir: