ACCIÓN CULTURAL

A praza da Quintana, escenario este xoves do espectáculo de novo circo "Trapecio volante", de Kanbahiota Troup

21/08/2019 Este xoves, ás 19:30 horas, a praza da Quintana serve de escenario para o espectáculo de novo circo Trapecio volante, con Kanbahiota Troup. A entrada é libre e para todos os públicos.

Catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio volante. Só hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire con acrobacias, non sen algunha caída inesperada .

Visitaron medio mundo cos seus espectáculos: Palestina, Brasil, Sáhara, Francia, Italia, Colombia, Uruguai, Portugal... Kanbahiota significa reviravolta en brasileiro. Do seu nome até a súa esencia, todo pasa polo movemento.

Dende o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas. Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo.

Abraham Pavon, Rossina Castelli, Jesus Aragoneses e Luis Boza forman o elenco da compañía nesta representación, duns 20 minutos de duración.

Compartir: