RELACIÓNS VECIÑAIS E POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Nova versión do programa Xestora

10/05/2005 O Departamento de Relacións Veciñais e Política Lingüística presentou unha nova versión da ferramenta informática Xestora, que facilita a xestión das entidades sen ánimo de lucro consonte á normativa en vigor que afecta ás asociacións

O nova versión do programa Xestora, froito dun convenio asinado entre a Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago e que ten por obxectivo facilitar a adaptación das asociacións sen ánimo de lucro á Lei Orgánica 1/2002, presenta algunhas melloras con respecto ás versións anteriores.

Cabe destacar, entre outras novidades, un plano contábel adaptado ás asociacións sen ánimo de lucro, a xeración do balanzo e conta de resultados, a xeración automática e axuda aos asentos máis habituais da organización, asento de peche e apertura do ano, xestión do IVE, etc. O Xestora 3.0 pretende ser un paso máis para cumprir co obxectivo de facilitar a vida das asociacións de Santiago, á vez que impulsa a normalización do idioma galego na xestión administrativa.

A Lei Orgánica 1/2002 obriga ás entidades a levar unha contabilidade por partida dobre, seguindo os principios oficiais do plano xeral contábel de 1990, con certas peculiaridades propias das asociacións sen ánimo de lucro.

Compartir: