ALCALDÍA

Compostela e A Toscana, unidos polas rotas xacobeas

08/02/2007 Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente do Consello Rexional da Toscana, Riccardo Nencini, que está de visita en Galicia.

Na xuntanza, falouse principalmente das relacións existente entre o Camiño de Santiago e a Vía Francíxena, que ten un punto de paso nesta rexión italiana. Este camiño comeza en Canterbury (Inglaterra), atravesa Francia e Suíza e chega a Roma.

Ámbalas rotas participan nun proxecto transnacional, "Camiños de Europa, destinado a promover e comercializar conxuntamente a oferta turística de provincias e concellos galegos e italianos unidos polos itinerarios xacobeos.

Compartir: