FESTAS

Este martes, día do neno nas atraccións da Alameda, que continuarán instaladas ata o vindeiro domingo

03/06/2019 As festas da Ascensión concluíron o seu programa, pero as atraccións instaladas na Alameda con motivo desta celebración seguirán aínda ata o vindeiro domingo, 9 de xuño.

Ademais, mañá martes, 4 de xuño, celébrase o día do neno, con descontos do 50% en todas as atraccións da Alameda. Pequenos e pequenas poderán así gozar a metade de prezo da nora, dos coches de choque e do resto da oferta lúdica instalada con motivo das festas da Ascensión.

Compartir: