ALCALDÍA

Sánchez Bugallo cualifica o compromiso do Goberno español coa Cidade da Cultura como "un gran triunfo para Galicia"

07/02/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polo compromiso asumido polo presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, respecto á Cidade da Cultura. O feito de que o Executivo español cualifique esta obra coma un "proxecto de Estado" foi cualificado polo alcalde coma "un gran triunfo para Galicia".

Sánchez Bugallo felicitouse polo "respaldo nacional e internacional" ao que definiu coma o "maior proxecto cultural de Galicia, trala propia Catedral". Neste sentido, referiuse á importancia que nesta cidade teñen os símbolos e engadiu que "agora todos queremos ver en que se materializa". Ao seu xuízo, "dentro de seis anos xa ninguén se acordará do que supuxo este respaldo, porque seguramente entón estará rematada a cidade e con actividades".

O rexedor santiagués animou a fuxir de "localismos" e recalcou que "non se trata da Cidade da Cultura de Santiago, senón da Cidade da Cultura de Galicia". E con este respaldo "tamén será a Cidade da Cultura de toda España", apuntou.

Compartir: