EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicada a lista provisional de admitidos/as, excluídos/as e fóra de prazo nas escolas infantís municipais

07/05/2019 A Concellaría de Educación e Cidadanía publicou a listaxe provisional de nenos e nenas admitidos/as, excluídos/as e fóra de prazo nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Para este curso houbo 106 solicitudes menos que no anterior, dato que segundo as responsables das escolas é imputable a unha diminución da natalidade.

As persoas interesadas teñen un prazo de dez días para presentaren reclamacións. A relación definitiva de admitidos/as farase pública entre o 27 e o 31 de maio, e o prazo de matrícula estará aberto do 3 ao 17 de xuño.

Compartir: