OBRAS

O luns empeza a funcionar o ascensor de Triacastela

17/04/2019 Despois duns días de probas, o próximo luns empezará a funcionar o ascensor de Triacastela, que conecta os barrios de Fontiñas e Triacastela. A súa instalación supuxo un investimento de 355.000 euros.

O ascensor salva o desnivel de máis de 12 metros entre Triacastela e Concheiros, dúas zonas que ata agora estaban conectadas por unhas escaleiras de ata 60 chanzos. O elevador ten capacidade para 16 persoas, e está pensado para ser utilizado tamén por padiolas. O ascensor está aliñado coas edificacións que teñen a súa fronte cara a avenida de Lugo, e na parte superior conéctase con Concheiros a través dunha pasarela acristalada.

O ascensor funcionará entre as 7:00 ás 23:00 horas, e estará videovixiado.

Compartir: