CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rede Sociocultural Municipal renova o seu Programa de dinamizadores

05/02/2007 A Concellaría de Centros Socioculturais destinará 96.098 euros ao Programa de dinamizadores da Rede Sociocultural Municipal. O obxectivo do programa é o desenvolvemento de actividades culturais e de tempo libre nos centros que posibiliten a colaboración do voluntariado.

Os dinamizadores son as persoas colaboradoras nos centros socioculturais que veñen desenvolvendo actividades de voluntariado en distintos equipamentos. O seu apoio é fundamental en actividades coma obradoiros, festas infantís, excursións, saídas culturais, xuntanzas, etc.

O gasto aprobado pola Xunta de Goberno permitirá facer fronte a gastos de transporte e comunicación, de vestiario propio das actividades, de manutención e dos materiais para a preparación das actividades.

Compartir: