ALCALDÍA

O IES Antón Fraguas abre a súa semana cultural coa presenza do alcalde

08/04/2019 O IES Antón Fraguas celebra a súa Semana Cultural, que este ano está centrada na figura do escritor que lle dá nome ao centro e ao que se se lle dedica o Día das Letras Galegas. O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía nos actos de apertura das xornadas.

O alcalde, Martiño Noriega, e os concelleiros de Educación e Medio Ambiente, Manuel Dios e Xan Duro, participaron hoxe na apertura da Semana Cultural do IES Antón Fraguas, dedicada ao escritor. O rexedor asistiu á conferencia inaugural das xornadas, que correu a cargo do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e na que tamén participou a conselleira de Educación, Carmen Pomar.

Despois da conferencia, as autoridades, o alumnado e o profesorado do IES Antón Fraguas plantaron un carballo conmemorativo na memoria de Antón Fraguas. A árbore foi traída expresamente do concello de Cercedo-Cotobade, e para a súa plantación utilizouse terra obtida da leira na que se localiza a casa natal do autor.

Compartir: