DEPORTES

Os afeccionados ao baloncesto teñen unha cita en Sar coa Copa LEB 2

02/02/2007 Despois da Recopa de Europa de fútbol sala, Santiago volve acoller outro acontecemento deportivo destacado. Neste caso a cita é co baloncesto, xa que o Multiusos Fontes do Sar acolle a Copa LEB 2 os días 2 e 3 de febreiro. Os seus participantes foron recibidos en Raxoi por membros da Corporación municipal.

Representantes do Beirasar Rosalía, do Club Ourense Baloncesto, do Ciudad de La Laguna e do Grupotel.com Muro pasaron polo Concello nun dos actos previos á competición. No acto expresouse o convencemento de que resultará un torneo atractivo e que achegará á xente ata Sar. Non faltaron os desexos de triunfo para o equipo local.

Compartir: