EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Este xoves, novo concerto da Escola Municipal de Música na Aula Hospitalaria

14/03/2019 Este xoves 14 de marzo, ás 18:00 h, a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico acollerá o terceiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste presente curso, dentro do marco de colaboración existente entre o Concello de Santiago de Compostela e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico.

Neste terceiro concerto da EMM na Aula Hospitalaria participarán os/as alumnos/as do Coro Infantil (40 nenas e nenos), xunto con alumnado de piano, acompañado da súa mestra Olaia Novo.

O programa a interpretar será:

CORO PEX:
Mix TradiGalego:
"Ai se queres"
"Vivir en Santiago"
"Xa fun a Marín"
"Simamaka", trad. de Ghana
"Quen che ensinou mariñeiro" Cancioneiro infantil do Brasil (Judith Akoschky, 1976)

PIANOS:
Álvaro Moure: "Rockin´Song"
Paulo Bazal: "Arabesco" Burgmüller Op. 100
Martín Cela: "Dulce Queja" Burgmüller Op. 100
Jorge Iglesias e Pablo Iglesias: "Scherzo a 4 mans en Do Maior" (A. Diabeli)

Compartir: