TURISMO

Santiago participa na Asemblea Extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio, que asinará un convenio con RENFE

01/02/2007 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudirá o venres 2 de febreiro á Asemblea Extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), que terá lugar ás 11:00 h. na sede da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), en Madrid.

Ás 13:00 horas, o alcalde, xunto ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, achegarase ao stand de Galicia, que conta cunha representación de Santiago.

Tras a visita ao stand galego, arredor das 13:30 horas., os representantes do GCPHE asinará un convenio de colaboración con RENFE, a través do cal se elaborarán accións de promoción das cidades patrimonio integradas no Grupo, e ás 16.30 h. outro convenio marco con Turespaña, que implica o Plan Anual de Actuación 2007.

O GCPHE, irmandado pola distinción da UNESCO desde 1985, creouse no 1993 co obxectivo de realizar unha promoción turística conxunta, así como para contribuír á conservación e o desenvolvemento das mesmas mediante a realización de proxectos comúns. Todas as cidades integradas nesta asociación conta cun patrimonio magnificamente conservado, con singulares valores históricos, arquitectónicos e culturais.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade está formado polos concellos de Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo.

Compartir: