EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

O Consello de Migracións celebrou a súa sesión constitutiva

01/02/2007 O Salón de Plenos foi escenario da constitución definitiva do Consello de Migracións, integrado polas diferentes representacións dos emigrantes e inmigrantes de Santiago. Este órgano pretende atender mellor as problemáticas específicas deste colectivo, facéndoo partícipe da vida municipal.

No Consello das Migracións toman parte as asociacións de inmigrantes e en prol dos inmigrantes, os sindicatos, a Universidade, a Cámara de Comercio, a Confederación de Empresarios, a Secretaría Xeral de Emigración, o Colexio Oficial de Avogados e un técnico da Concellaría de Emigración. Reuniranse en sesións ordinarias e traballarán tamén a través de comisións específicas.

Entre as funcións deste órgano estará fomentar o desenvolvemento do asociacionismo entre inmigrantes e emigrantes, promover a realización de estudos e investigacións e presentar propostas e iniciativas á Administración local.

Compartir: