PROMOCIÓN ECONÓMICA

Compostela vincúlase a REDEL, unha rede de vangarda no desenvolvemento local

01/02/2007 O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, asistiu en Bilbao ao encontro de entidades locais para a constitución de REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local. Na reunión concretáronse os estatutos de REDEL, que agora deben recibir o visto bo das entidades integrantes da rede. Tamén se definiron los logotipos da Asociación, o dominio en internet e estudouse o plan de actuación para o ano 2007.

Con este encontro Santiago de Compostela vincúlase a REDEL, a rede de vangarda no desenvolvemento económico a nivel local do Estado Español. Outras entidades locais presentes no encontro son: IMFOF-Mallorca, Barcelona Activa, Getafe Iniciativas, Agencia Local de Promoción Económica y Empleo de Gijón, Sevilla Global, IMEFEZ-Zaragoza, Sociedad de Desarrollo de Santa Cruz de Tenerife e Garapen.

A proposta de constitución dunha Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local a nivel estatal xorde a iniciativa da Asociación Vasca de Agencias de Desarrollo, Garapen, constituída en 1992.

No documento base para a constitución de REDEL, esta defínese coma unha rede de entidades expertas en desenvolvemento local que traballa para a mellora continua das organizacións a través da reflexión, da xestión do coñecemento e da colaboración, buscando o recoñecemento e a posta en valor a nivel técnico e político do desenvolvemento local e a súa proxección a nivel internacional.

Os obxectivos de REDEL son reflexionar sobre aspectos clave no desenvolvemento local como políticas económicas e industriais, competitividade, innovación, coñecemento, políticas activas de emprego, inserción laboral, etc., para construír un modelo dende unha identidade común. REDEL tamén se configura como un instrumento para exercer influencia ante entidades públicas e privadas coa finalidade de impulsar o desenvolvemento local e comarcal; deseñar, desenvolver e executar proxectos; e intercambiar experiencias e coñecementos para innovar e incrementar a eficacia das entidades locais.

Compartir: