ALCALDÍA
Na presentación, lembráronse diferentes cifras ao respecto das dúas edicións anteriores. En concreto, destacouse que máis de 380 persoas, con idades comprendidas entre os 18 e os 80 anos, acudiron aos cursos de formación e que ao abeiro do proxecto se produciron máis de 2.000 minutos de contido en galego en YouTube.
Ademais, máis 400 persoas participaron xa nas dúas edicións dos Premios Youtubeir@s, unha das liñas de acción deste proxecto que, para esta edición, aumenta o número de categorías e incrementa a súa dotación económica ao pasar dos 5.500 euros de 2018 aos 6.500 euros desta terceira convocatoria. A cifra repartirase nos galardóns das categorías nas que se divide o certame: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmos. Precisamente, esta última categoría é a gran novidade deste 2019 e con ela recoñecerase e incentivarase o gran talento musical que está presente en YouTube.
A estas catro categorías súmanselle outras catro que, un ano máis, premiarán os vídeos que destaquen en creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e calidade lingüística. A estes oito galardóns hai que sumarlles o premio do público, chamado #propostayoutubeira, coa que se impulsará por segundo ano consecutivo a interacción entre as persoas usuarias na rede social Facebook, que poderán propoñer a través do correo electrónico, proposta@youtubeiras.gal, un vídeo do que sexan seareiros/as. Este ano, amplíase o prazo de inscrición, que principia hoxe mesmo, 13 de febreiro, e remata o vindeiro 27 de setembro.
Formación
Outro dos piares do Proxecto Youtubeir@s dedícase á formación, que este ano centrará parte dos seus esforzos en cursos e obradoiros destinados principalmente á comunidade educativa. Aínda que Youtubeir@s é un proxecto interxeracional, son precisamente as xeracións máis novas -as que naceron xa como nativas dixitais- as que converteron YouTube nunha plataforma de encontro na que intercambiar opinións, inquedanzas ou amosar os seus coñecementos, impulsando así o concepto de youtubeir@s como novos axentes de comunicación. Por ese motivo, o proxecto achegarase ao alumnado de secundaria mediante cursos e obradoiros de formación impartidos un ano máis pola produtora Illa Bufarda e coa incorporación ao corpo docente da actriz Laura Villaverde, coñecida por ser a youtubeira Chola, It Girl; ou Marga Rodríguez Tilve, comunicadora audiovisual e youtubeira en As Cousas do Choio.
Youtubeir@s en conexión
Outra vía de traballo do programa para esta nova edición titúlase Youtubeir@s en conexión e o seu obxectivo é consolidar a comunidade de youtubeiros e youtubeiras xa existente, ampliar a súa base social, dar visibilidade ao seu traballo de creación na rede en galego e fomentar o intercambio e o debate. Con esas metas, desenvolveranse no mes de xuño na Coruña dous grandes eventos. O primeiro deles, baixo o nome de Lista de reprodución ao vivo, no que diferentes youtubeir@s compartirán a súa experiencia coas persoas asistentes que irán cambiando dun a outro como quen cambia de vídeo na Rede.
O segundo deles será a Xornada para Youtubeir@s, na cal se convoca a comunidade youtubeira galega para reflexionar sobre o panorama creativo a varios niveis (lingüístico, temático, creación de públicos), de xeito que se propicie un lugar de reflexión e conexión para tecer redes e, ao tempo, fortalecer a comunidade entre as persoas creadoras.
A estas tres liñas de acción: as actividades, os premios e a formación, cómpre engadirlles outras iniciativas de visibilización, como a acción nas redes sociais, a presenza en festivais e eventos culturais, ou programas de accións de difusión da lingua que se darán a coñecer e se desenvolverán ao longo deste novo ano youtubeiro.
Organización
Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Máis concellos implicados, novas categorías e máis premios na terceira edición do Proxecto Youtubeir@s
13/02/2019 Hoxe bota a andar a terceira edición de [emYoutubeir@s, un proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de trece concellos, entre eles o de Santiago, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña. Desta volta, o certame repartirá 6.500 euros en premios e reforzarase o apartado de formación, centrado na comunidade educativa. O alcalde, Martiño Noriega, salientou a boa acollida deste proxecto, que "demostra que as institucións locais poden liderar as iniciativas para reivindicar o uso da lingua en todos os ámbitos e en todas as idades".
O alcalde, Martiño Noriega, participou na presentación da terceira edición de Youtubeir@s nunha rolda de prensa celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación na que tamén participaron a coordinadora do proxecto, Mónica Fernández Valencia; o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijóo.Na presentación, lembráronse diferentes cifras ao respecto das dúas edicións anteriores. En concreto, destacouse que máis de 380 persoas, con idades comprendidas entre os 18 e os 80 anos, acudiron aos cursos de formación e que ao abeiro do proxecto se produciron máis de 2.000 minutos de contido en galego en YouTube.