XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local acorda expedientar á empresa responsable das obras de pavimentación de Ponte Marzán-Cruceiro de Sar

01/02/2019 A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar un expediente sancionador á empresa responsable das obras de rexeneración do pavimento da calzada das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar, ante o incumprimento das condicións establecidas no contrato.

O contrato con ASFALGAL, que lle foi adxudicado por máis de 300.000 euros, contemplaba que o prazo de execución das obras era de seis meses, polo que deberan ter rematado en xaneiro. O Concello daralle audiencia á empresa nun prazo de 15 días hábiles, antes da imposición da sanción que corresponda.

Recurso contra o contrato de mantemento
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se deu conta do recurso presentado contra a adxudicación do gran contrato de mantemento por unha empresa que se presentara á licitación. O procedemento de contratación foi suspendido polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, o TACGAL, ao que o Concello xa remitiu un informe xurídico no que se solicita a desestimación do recurso. O recurso foi interposto por Eulogio Viñal Obras y Construcciones, solicitando a nulidade da adxudicación do contrato a Obras y Viales de Galicia. Segundo a Asesoría Xurídica do Concello, todos os argumentos do recurso deben ser desestimados porque no procedemento de adxudicación non se incorreu en ningunha infracción.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: