DEPORTE E POLÍTICAS SOCIAIS

Concello e Fundación Atlético de Madrid impulsan a Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión

23/01/2019 A Fundación Atlético de Madrid vén de impulsar en Compostela unha Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión social, que é posible grazas a un convenio coas concellarías de Deporte e de Políticas Sociais. Na tarde de onte, Noa Morales acudiu á presentación do proxecto, acompañada do coordinador do mesmo, Marcos Heleno, e do responsable da área social e voluntariado da Fundación, Óscar Jiménez.

En virtude do convenio asinado entre as concellarías e a Fundación Atlético de Madrid, os nenos e as nenas recibirán formación en técnica e táctica futbolística por adestradores do Conxo, pertencentes á entidade.

Tal e como explicou a concelleira Noa Morales, "trátase dun proxecto que facilita o acceso ao deporte a familias con menos recursos e permite fomentar tamén a práctica deportiva". A día de hoxe hai 21 nenos e nenas anotados que adestran todos os martes e venres de 19:00 a 20:30 horas no campo municipal de Santa Isabel.

Compartir: