SANIDADE

Diminúe a entrada de animais no refuxio de Bando

30/01/2007 Os membros do Padroado da Fundación Refuxio de Animais mantiveron un encontro para resolver algúns puntos concretos do funcionamento do refuxio de Bando. Analizáronse as cifras de 2006, que indican que durante este ano entraron 859 animais, 36 menos que en 2005.

Na xuntanza falouse do orzamento destinado para o ano en curso, que é duns 300.000 euros, e analizouse con detalle o presuposto para a lacería de todos os concellos que forman parte do refuxio. Tamén se fixo un resume da memoria de actividades con diversos colectivos sociais que se organizaron dende que se creou esta entidade, e das propostas de actividades cara aos vindeiros meses.

Seguirase coa campaña de publicidade nos medios de comunicación (cabe resaltar a colaboración de El Correo Gallego), e amosando algúns dos cans do refuxio na Praza do Obradoiro. Falouse tamén da posibilidade de organizar unha exhibición de adestradores de cans e un concerto para recadar fondos. Por último, concretouse unha operación de tesourería destinada ás nóminas e aprobouse o logotipo do refuxio.

Compartir: