DEPORTES

O campión da Recopa de Europa brindou o título á cidade

29/01/2007 Despois das celebracións na Praza Roxa tralo partido, o Lobelle de Santiago quixo seguir festexando o título de campión da Recopa de Europa. Tocou o turno de brindarlle o título á cidade e para iso pasaron por Raxoi, onde directivos, técnicos e xogadores foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola corporación municipal.

Foi un acto cheo de momentos emotivos, como a saída ao balcón para ofrecer o título aos siareiros, os distintos discursos e o brinde final de todos os presentes. Tamén quedarán para a lembranza a sinatura do presidente do equipo compostelán, José Antonio Lobelle, no Libro de Honra, ou a entrega da camiseta do Lobelle ao alcalde compostelán. En Raxoi, todos quedaron emprazados para novos títulos e novas celebracións.

Compartir: