PROMOCIÓN ECONÓMICA

Entregados os premios do Concurso de Novas ideas Empresariais

29/01/2007 O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, entregou os seus premios aos gañadores do Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa do ano 2006, nas dúas modalidades coas que conta. Na categoría de Novas Ideas Empresariais edición xeral os gañadores foron, por esta orde: Arrendamiento Tecnológico y Servicios, Darredor deseño cultural e Maritza Abeleira centro de formación de moda. Na modalidade de Novas Ideas Empresariais promovidas por mulleres acadou o primeiro premio a ludoteca Gazafello, o segundo Mercedes Morigosa Catering e o terceiro Seiva, Servizos integrais de educación e calidade.

Os primeiros premios do concurso do programa Compostela Activa teñen un importe de 5.000 euros, os segundos de 4.000 e os terceiros de 3.000 euros. Na edición do 2006 presentáronse ao concurso 17 empresas. Nove delas (un 53%), están promovidas só por mulleres, tres só por homes (un 18%), e na promoción das cinco restantes (29%) participan tanto mulleres como homes.

O Concurso de Novas Ideas Empresarias Compostela Activa pretende fomentar a creación de novas empresas en Santiago. Está previsto que na edición do 2007 se inclúa unha nova categoría no concurso destinada aos alumnos de Formación Profesional, para así difundir a cultura emprendedora nos centros de FP. Esta nova modalidade sumarase á de Novas ideas empresariais edición xeral e a de Novas Ideasempresariais promovidas por mulleres que xa existen.

Compartir: