SOLIDARIEDADE

Un foro para a convivencia e a solidariedade

27/01/2007 O centro comercial Área Central acolleu o VIII Foro de encontro das Organizacións Non Gobernamentais, no que estas entidades deron a coñecer á cidadanía Compostela os seus materiais didácticos, proxectos e produtos de comercio xusto. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, pasaron por este punto solidario.

As actividades, organizadas pola Concellería de Educación, comezaron ás 11:00 horas coa apertura do espazo solidario e coa presentación de experiencias e postos informativos. A continuación, houbo tempo para os contacontos solidarios, para as actuacións musicais, para os obradoiros de xogos cooperativos e mesmo para a lectura dun manifesto a cargo de María Reimóndez.

Este foro únese á celebración, co mesmo motivo, da Quincena da Paz, a Convivencia e a Solidariedade. Estas xornadas inclúen diversas actividades para os centros de ensino, como sesións informativas, charlas e contacontos.

Compartir: