INFRAESTRUTURAS

Os veciños disfrutan xa da renovación das rúas Lino Villafínez e Modesto Brocos e dun novo parque infantil

27/01/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á apertura das rúas Lino Villafínez e Modesto Brocos, que veñen de ser renovadas. En total, fixéronse 4.000 metros cadrados de pavimento vial con aglomerado en quente, e uns 1.500 metros cadrados con beirarrúa en baldosa. Ademais, catrocentos metros lineais ocupáronse cunha tubería de polietileno. En total, investíronse 280.000 euros nas obras.

Xunto ás rúas, os veciños poderán disfrutar dunha nova área de xogos infantís situada no Parque Xixón, que terá unha superficie de 285 metros cadrados. A área está equipada cun multixogos composto por varias actividades de xogo, unha unidade de vaivén, cinco unidades de xogos de resortes e solo continuo de seguridade. O orzamento total para este parque infantil foi de 79.258 euros.

No que atinxe ao alumeado da zona, investíronse 23.000 euros. Dunha banda, elimináronse as luminarias tipo globo que axudarán a reducir a contaminación atmosférica e contribúen ao aforro da enerxía. Doutra, substituíronse as luminarias decorativas por outras máis modernas e de máis rendemento. Por último, engadiuse un punto de luz nunha zona que estaba sen iluminar e que da acceso a uns garaxes da rúa Modesto Brocos.

Compartir: