ALCALDÍA

Conta atrás para o concerto de Helloween no Multiúsos

29/11/2018 O Multiúsos de Sar acollerá o próximo 8 de decembro un concerto dos alemáns Helloween, dentro da súa xira de reunión Pumpkis United. As entradas están á venda a través da rede Ticketmaster (Fnac, Viaxes Halcón, Carrefour) e en Ataquilla.com.

O concerto de Helloween enmárcase na política impulsada polo Goberno local para recuperar o Multiúsos de Sar para eventos, máis alá do ámbito deportivo. O concerto de Helloween será o único que este grupo referente para os amantes do rock e do heavy ofrecerá no Estado este ano, e será o primeiro en Galicia.

A xira Pumpkins United supón a reunión de todos os integrantes de Helloween, co regreso do vocalista Michael Kiske e do guitarrista Kai Hansen, que formaban parte da banda nos seus inicios. A banda xermana é un referente do heavy metal, considerada fundadora do speed metal melódico alemán. O comezo da súa carreira remóntase a 1984, e dende entón a formación deixou o seu selo nos máis importantes festivais de metal e rock de todo o mundo, ademais de innumerables xiras por todo o Planeta. Do seu legado forman parte obras mestras con "Keeper of the seven keys", e cos seus 15 discos de estudio e tres álbums en directo, Helloween conseguiu 14 discos de ouro e seis de platino.

Compartir: