ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu a Jean-Pierre Sauvage, Premio Nobel de Química en 2016

28/11/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o Premio Nobel de Química en 2016, Jean-Pierre Sauvage, quen asinou no Libro de Honra da Cidade

Jean-Pierre Sauvage está en Compostela no marco do Programa ConCiencia, promovido pola USC e o Consorcio de Santiago. O científico francés pronunciará este xoves 29 unha conferencia sobre máquinas moleculares en bioloxía e en química. Precisamente foi ese o traballo polo que conseguiu o Premio Nobel xunto con Sir J. Fraser Stoddart e Ben Feringa, unha investigación que abriu o camiño para a revolución nanotecnolóxica. O relatorio, de entrada libre e con tradución simultánea, será ás 20:00 horas no Auditorio Abanca.

Compartir: