COMERCIO

A pista de xeo da Alameda abrirá as súas portas este sábado 1 de decembro

26/11/2018 O paseo central da Alameda volve acoller, outro ano máis, a tradicional pista de xeo, que abrirá as súas portas o sábado 1 de decembro e permanecerá aberta ata o 27 de xaneiro.

De luns a venres, o horario será de 9:00 a 14:00 horas para centros escolares e de 16:30 a 22:00 horas para o público xeral. Os sábados e domingos terá horario ininterrompido de 11:00 a 22:00 horas, con sesións nocturnas de 22:00 a 2:00 horas os venres, sábado e vésperas de festivo.

O horario verase modificado durante as vacacións de Nadal, abrindo os sete días da semana de 11:00 a 22:00 horas.

Prezos
Os prezos mantéñense como o ano pasado, cunha entrada de 4,50 euros para escolares e de 8 euros para a entrada xeral con patíns, que dá dereito a sesións de 50 minutos.

Compartir: