EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Xosé Manuel Rodríguez-Abella dará nome ao Premio a Agrupacións Musicais Maiores do Eixo Atlántico

26/11/2018 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou esta mañá en Vigo nunha nova xuntanza dos grupos de traballo de Educación e Cultura do Eixo Atlántico. Entre outras cuestións, na reunión acordouse crear o Premio "Xosé Manuel Rodríguez-Abella" de Agrupacións Musicais Maiores do Eixo Atlántico, en lembranza do que foi tantos anos responsable do Departamento de Educación do Concello de Santiago, falecido o pasado venres despois dunha longa enfermidade.

Outros temas abordados nesta xuntanza foron a Bienal de Pintura, os intercambios escolares, un próximo seminario de educación e a posible edición dunha guía didáctica. Ademais, continúa a preparación das actividades para a Capitalidade da Cultura de 2020.

Compartir: