ALCALDÍA

O alcalde súmase á celebración do 40 aniversario de CCOO-Galicia

22/11/2018 O edificio Cersia acolleu hoxe a celebración do 40 aniversario do I Congreso do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia. No acto participou o alcalde, Martiño Noriega.

No acto de conmemoración do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia participaron o seu secretario xeral, Ramón Sarmiento; o secretario xeral confederal, Unai Sordo, e o seu antecesor, Ignacio Fernández Toxo. Na súa intervención, o alcalde salientou "o papel que tivo CCOO na construción do país e da democracia, na defensa dos dereitos laborais pero tamén dos dereitos civís". Martiño Noriega tamén reivindicou "a necesidade de facer memoria para entender o presente e gañar o futuro, e máis nun momento coma o actual no que avanza a extrema dereita, no que a mocidade ben preparada ten que emigrar, e no que ter un traballo non garante unha vida digna".

Compartir: