MULLER

O papel da muller na investigación, a debate en Compostela

25/01/2007 A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle os días 25 e 26 de xaneiro o Foro Compostela sobre Muller en Investigación e Sociedade. As súas participantes foron recibidas en Raxoi.

Este foro pretende debater sobre o papel da muller no ámbito social e investigador. A actividade principal prevista é a presentación do grupo Helsinki sobre Mulleres e Ciencia, que reúne a 30 expertas en cuestións de xénero dos 15 estados membros da Unión Europea e dos 15 países asociados ao V Programa Marco para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración da Comunidade Europea. Tamén se presentará diversas iniciativas institucionais, relatorios e proxectos relacionados coa muller ou realizados por mulleres.

Compartir: