EMPREGO

Preto de 3.500 persoas participaron en Talentia

14/11/2018 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou hoxe Talentia 2018, o espazo aberto polo emprego que se desenvolveu no Palacio de Congresos os dias 13 e 14 de novembro, organizado polo Departamento de Emprego do Concello de Santiago.

Marta Lois quixo agradecer "a participación das empresas neste evento, dos formadores e formadoras así como do público xeral que se achegou". Tamén incidiu na importancia de "crear ferramentas que abran de maneira efectiva as posibilidades de acadar un emprego de calidade".

Por Talentia 2018 achegáronse preto de 3.500 persoas e deixáronse arredor de 4.500 currículos. No evento xestionáronse 360 postos de traballo e un total de 783 persoas participaron nas actividades de formación, certificación e desenvolvemento do talento. Tamén tiveron moito éxito as actividades de mentoring persoal, polas que se achegaron 440 persoas.

Direccións relacionadas



Compartir: