ALCALDÍA

O alcalde participa na Comisión Executiva da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021

13/11/2018 O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na reunión da Comisión Executiva da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, celebrada na Oficina de Atención ao Peregrino de Carretas. A xuntanza estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e tiña como obxectivo definir as liñas estratéxicas do vindeiro Ano Santo.

A redacción das liñas estratéxicas do Ano Santo 2021 é o paso previo á redacción do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, e teñen como obxectivo potenciar e actualizar a marca Galicia, reforzando a proxección internacional do noso país, impulsando a renovación da oferta galega e consolidando Galicia como un destino único, referente cultural e turístico.

A Comisión Executiva do Xacobeo 2021 tamén informou das últimas decisións aprobadas a nivel estatal no Consejo Jacobeo, que autorizou xa as desgravacións, que poderán aplicarse ao longo dos tres próximos anos aos patrocinadores do Xacobeo.

Compartir: