EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Nova xuntanza do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico

29/10/2018 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu esta mañá na cidade portuguesa de Guimarães unha nova xuntanza do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico.

Nesta reunión seguíronse facendo achegas cara a presentación de candidaturas para a Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2020. Ademais, abordáronse temas como a Bienal de Pintura, o Seminario de Intercambio de Experiencias de Educación ou a VII edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico.

Compartir: