TRANSPORTES

A tarificación por minutos atrae a máis usuarios aos aparcadoiros públicos

24/01/2007 O concelleiro de Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, presentou os datos de ocupación dos aparcadoiros públicos nos primeiros quince días de 2007. Destas cifras despréndese que medrou tanto o número de usuarios como da estanza media.

Polo aparcadoiro de Xoan XXIII pasaron 3.532 vehículos na primeira quincena do ano, polos 2.993 que pasaran no mesmo período de 2006, o que supón un incremento do 18%. Tamén medrou a estanza media, que pasou de 2 horas e 45 minutos a case tres horas. No caso de Belvís, o concelleiro puxo como referencia o último Ano Xacobeo e o incremento situouse nun 15%, con 300 vehículos a maiores.

Fernández Leiceaga afirmou que estas cifras "demostran que o sistema funciona e é un atractivo para o comportamento dos cidadáns, polo que animo aos outros aparcadoiros a implantar este sistema". Lembrou que o Concello de Santiago se adiantou á moratoria prevista na Lei de Consumo para a posta en marcha da tarificación por minutos.

Compartir: