EDUCACIÓN

Compostela únese ás celebracións internacionais pola paz

24/01/2007 Coincidindo co 30 de xaneiro, no que se conmemora o Día Mundial pola Paz, a Concellaría de Educación e Mocidade organiza o VIII Foro de encontro das Organizacións Non Gobernamentais. Celebrarase o sábado 27 de xaneiro no centro comercial Área Central, onde as ONGs darán a coñecer á cidadanía compostelá os seus materiais didácticos, proxectos e produtos de comercio xusto, entre outras iniciativas.

As actividades comezarán ás 11:00 horas coa apertura do espazo solidario e coa presentación de experiencias e postos informativos. A continuación, ás 12:15 horas, contacontos solidarios a cargo do colectivo Bicis pola Paz. Despois un chocolate solidario chegará a actuación da Banda Municipal de Música. Xá ás 13:30 horas, María Reimóndez lerá o manifesto nun acto institucional. Pola tarde haberá máis contacontos solidarios , ademais dun obradoiro de xogos cooperativos a cargo do Seminario Galego de Educación pola Paz. A xornada pecharase con outra actuación musical.

Este foro únese á celebración, co mesmo motivo, da Quincena da Paz, a Convivencia e a Solidariedade. Estas xornadas inclúen diversas actividades para os centros de ensino, como sesións informativas, charlas e contacontos.

Documentos relacionados



Compartir: