ALCALDÍA

O alcalde participa no Día do Camiño Primitivo no San Froilán

11/10/2018 O alcalde de Santiago participou no día de hoxe nos actos que organizou o Concello de Lugo para celebrar o Día do Camiño Primitivo, no marco nas festas do San Froilán. Martiño Noriega foi recibido na Casa do Concello xunto aos alcaldes e alcaldesas dos concellos polos que pasa o Camiño Primitivo. Alí reivindicou "o peso específico e a importancia desta ruta, que é un impulso económico para a vilas polas que pasa".

Martiño Noriega acompañou á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na actividade "Camiño ao cantar" con Lois Pérez e o grupo de baile e gaitas Santaia de Oleiros dende a porta de San Pedro ata a porta Miñá realizando así un tramo do camiño primitivo. Á altura da rúa Catedral, os rexedores descubriron unha placa para conmemorar os 3 patrimonios da humanidade de Lugo.

Tras ese descubrimento, o alcalde compostelán e a rexedora de Lugo percorreron as tradicionais casetas do San Froilán.

Compartir: