ALCALDÍA

Julio Fernández Gayoso e Rosalía Mera Goyenechea recibiron en Santiago as súas Medallas ao Mérito no Traballo

23/01/2007 O ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, entregou as Medallas de Ouro ao Mérito no Traballo a Julio Fernández Gayoso e Rosalía Mera Goyenechea. Foi no Hotel San Francisco, nun acto no que, entre outros, participou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Os galardoados foran designados polo Consello de Ministros, a proposta do ministro de Traballo, o 1 de decembro de 2006, xunto con outras 32 persoas e colectivos. Este recoñecemento ten como obxectivo premiar e destacar "o mérito dunha conduta socialmente útil e exemplar no desempeño dos deberes que impón o exercicio de calquera traballo, profesión ou servizo".

Compartir: