PERSOAL

O Concello convoca vinte e unha novas prazas, dezaseis da quenda libre e cinco de promoción interna

02/10/2018 O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio de convocatoria para a provisión de varias prazas incluídas nas Ofertas de Emprego Público dos anos 2015, 2016 e 2017. En total son vinte e unha novas prazas, das cales dezaseis son de quenda libre e cinco de promoción interna.

Así, convócanse sete prazas de bombeiro-condutor, sete de administrativo, unha de arquitecto, outra praza de auxiliar de clínica da plantilla de persoal laboral fixo e cinco prazas de sarxento do servizo de extinción de Incendios, neste caso, na quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais tras a publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Estas prazas veñen a sumarse ás 6 de Policía Local que convocaron e cuxas probas deron comezo a semana pasada. Outras convocatorias realizadas ou en marcha para elaboración de listas de agarda e nomeamento posterior de funcionario/a interina son as de delineante, arqueólogo/a, técnico/a de deportes, dous axentes de emprego, pedagoga/o, traballadores/as sociais, técnicos/as informáticos, auxiliares administrativos, técnico/a de inspección tributaria e recadación.

Compartir: