URBANISMO

Adxudicadas as obras para o acondicionamento das novas oficinas de Emuvissa

22/01/2007 O Consello de Administración de Emuvissa aprobou, en sesión extraordinaria, a adxudicación á empresa Construcciones La Rosaleda S.L. das obras do "Proxecto básico e de execución para acondicionar o local en planta baixa e planta primeira para locais do Concello". Os locais, situados na rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, destinaranse ás novas oficinas de Emuvissa. As obras aprobáronse polo prezo ofertado de 322.890,20 euros e teñen un prazo de execución de catro meses.

Por outra banda, aprobouse o convenio de realoxo dun antigo residente do ámbito do Polígono 1 do SUP-2 de Cornes.

Este é o último Consello de Administración no que participa como vicepresidente o concelleiro de Urbanismo Luis Toxo.

Compartir: