POLÍTICAS SOCIAIS

A praza de Abastos vístese de branco e verde para reivindicar máis apoio para a loita contra o Alzheimer

22/09/2018 Agadea Alzhéimer realizou este sábado no Mercado de Abastos un acto de sensibilización co que achegou información ás persoas que se acercaron ata a mesa informativa da entidade. Alí, a presidente de Agadea, Isabel Gey, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, repartiron mandilóns e bolsas da compra reivindicativas sobre o Alzheimer.

Os/as 160 praceiros/as apoiaron o acto vestindo os mandilóns de Agadea nos seus postos. Deste xeito, a praza de Abastos luciu de branco e verde. Ao acto asistiron tamén familiares e persoas afectadas, que amosaron o lado humano da enfermidade falando sobre ela e a súa problemática dende un punto de vista máis persoal.

Compartir: