DEPORTES

O campo de Santa Isabel afronta a reforma dos seus vestiarios

22/01/2007 A Xunta de Goberno aprobou o proxecto básico e de execución das obras de reforma do campo de fútbol Santa Isabel (2ª fase), en cuxa execución se investirán 368.290 euros. As obras afectarán fundamentalmente á ampliación e mellora dos vestiarios, unha vez cambiado o céspede na anterior fase.

Tamén en materia de Deportes, acordouse a concesión dunha subvención de 62.800 euros ao Club Lobelle de Santiago como organizador da Copa de Europa de Clubs Campións de Copa de Fútbol Sala. Esta competición desenvolverase do 25 ao 28 de xaneiro no Multiusos Fontes do Sar. En virtude desta achega, o logo municipal figurará na cartelería do evento e o Concello estará presente en diversos espazos publicitarios, ademais da entrega de 100 abonos para presenciar todos os partidos do campionato.

Compartir: