CONVIVENCIA
Con estas seis prazas, o Concello de Santiago saca a oposición todas aquelas prazas que a actual lexislación permite. Ademais destas será ofertada outra pola Xunta de Galicia, na convocatoria de proceso selectivo unitario, a que se acolleu o Concello de Santiago nun acordo do pleno da Corporación do mes de maio.
Toda información detallada pódese consultar na sección de Emprego do Concello da web municipal.
Comezan as probas para a cobertura de seis prazas de Policía Local
17/09/2018 O Concello de Santiago iniciou este luns as probas selectivas para a contratación de seis policías locais mediante un proceso de oposición libre. O primeiro exame, de aptitude física, celébrase durante os días 17 e 18 de setembro mas instalacións da pista de atletismo da USC.
Para a cobertura das seis prazas están admitidas 132 persoas, que deberán realizar unha carreira de 50 metros lisos, proba de potencia do tren superior e inferior, proba de resistencia xeral e outra de natación. As persoas que superen as probas de carácter físico pasarán a seguinte fase de avaliación de coñecementos do temario especificado nas bases da convocatoria.Con estas seis prazas, o Concello de Santiago saca a oposición todas aquelas prazas que a actual lexislación permite. Ademais destas será ofertada outra pola Xunta de Galicia, na convocatoria de proceso selectivo unitario, a que se acolleu o Concello de Santiago nun acordo do pleno da Corporación do mes de maio.
Toda información detallada pódese consultar na sección de Emprego do Concello da web municipal.