CENTROS SOCIOCULTURAIS

Máis de medio millón de euros para a dinamización da rede de centros socioculturais

22/01/2007 A Xunta de Goberno local aprobou o prego e inicio do expediente para a contratación para a coordinación e dinamización da rede de centros socioculturais. Destinaranse 538.764 euros aos espazos de lectura e xogo, aos talleres e animación das aulas e a outros espazos destes centros.

O investimento inclúe diversos postos de traballo, coma un ludotecario, un coordinador xeral das bibliotecas, un avogado, un coordinador deu espazo xoven, oito responsables de programas, proxectos e equipamentos, catro animadores socioculturais, un auxiliar de coordinación e dous auxiliares administrativos e monitoraxe de talleres. Este persoal manterá cubrirá o servizo dos 51 locais e centros, así como a totalidade das actividades xerais incluídas na programación anual.

Por outra, parte, o Goberno local tamén aprobou os gastos e ingresos das actividades do primeiro trimestre de 2007 da rede sociocultural para os meses de xaneiro, febreiro e marzo. A relación de gastos ascende a 73.500 euros, que servirán para a realización de talleres infantís e de maiores, ciclos de cine, actividades dos clubs de tempo libre, festivais de música e diversa actividades lúdicas.

Compartir: